OS QUE SOMOS

Seixalbo é una localidade situada ao sur de Ourense. A súa poboación ronda os mil habitantes e goza de certa relevancia sociocultural dentro da cidade. Posúe unha zona histórica rural declarada de valor etnográfico.
A primeiros do ano 2015 un grupo de mozos únense cun obxectivo en común: refundar o clube de fútbol do pobo desaparecido 29 anos atrás, que durante a súa andadura polas categorías do fútbol rexional, e a pesares de ser un equipo modesto logrou forxarse unha profunda historia.
Partindo da ilusión e con humildade, o gran reto é volver a fundar Clube Deportivo Seixalbo, sendo tamén conscientes do alto grado de responsabilidade que eso conleva. A idea é formar algo máis que un equipo de fútbol. Queremos un proxecto social e deportivo basado na ilusión, unidade e compromiso, que permita  garantir a viabilidade e o futuro do equipo  transmitindo sempre respecto e solidaridade.
A principios do mes de febrero comezaron  as xestións  administrativas para levar a cabo a idea. Primeiro nomease una xunta directiva que en poucos días elabora os estatutos a cumplir e que ao mesmo tempo marcarán o futuro do clube. De seguido comezan as reunión cos responsables das diferentes áreas deportivas (federación de fútbol, concellería, Xunta, Deputación e Servicio Municipal de Deportes…) e ao mesmo tempo iníciase unha investigación na hemeroteca co obxectivo de indagar nas orixes do clube.
De forma autómatica empezamos a sentir o apoio e alento da xente achegada, de negocios e empresas ofrecidas  a colaborar, de amigos e vecinos dispostos a axudar… una enerxía  que nos anima a continuar adiante e que resulta fundamental para seguir traballando.
O noso premio non é outro que a satisfacción de unir aínda máis a un pobo, de compartir momentos a través do deporte, defender o común e loitar polos mesmos sentimentos.
Directiva e xogadores
XANEIRO 2015. COMENZAN AS REUNIÓNS E TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
INTRODUCCIÓN:
No ano 1941 comezan a aparecer na prensa local novas  sobre a necesidade de construir campos de fútbol e a importancia de fomentar este deporte entre os mozos.
O día 26 de xullo dese mesmo ano, o xornal “La Región” recolle unas declaracións do ex seleccionador nacional Jose María Mateos,onde critica as escasez de futbolistas federados e defende a constitución de equipos  para xogar os campionatos dos pobos. O obxectivo é que os mozos practiquen deporte, convertir espectadores en xogadores.
La Región, 26 de julio de 1941
Esto supuxo un cambio que afectou sen dúbida ao fútbol ourensán, que provocou o nacemento de numerosos equipos modestos.
Neste mesmo ano  a cidade de Ourense non contaba aínda cunhas instalación deportivas. E  o día 11 de Outubro se pon en marcha un proxecto para a construcción do campo de deportes de Ourense. Para levalo a cabo se crea unha comisión composta por: Díez Espada (alcalde de Ourense), Arturo González Delgado (delegado provincial da federación), Francisco Fernández Polanco (presidente da Unión Deportiva Orensana), Luis Mariñán Neira (delegado provincial de educación)…  que decide que o emprazamento do campo sexa no Posío en detrimento dos Remedios.
Máis tarde, o 6 de novembro de 1949 se inaugura o “estadio” coa disputa do partido entre C.D. Ourense- Racing de Ferrol. O seu nome inicial era “Nuevo Estadio José Antonio”, comúnmente coñecido como Estadio de O Couto, pero non sería ata o ano 1986 cando tomaría oficialmente esta denominación que aínda perdura na actualidade.
Entre tanto, os equipos modestos a penas tiñan lugares onde celebrar os partidos, dispondo únicamente dos campos do Pompeo (actual instituto Otero Pedrayo), campo da Loña e o de Cisneros.
Nas aforas da cidade destacamos que Seixalbo xa contaba con terreo de xogo, o monte comunal onde se encontra actualmente O Carqueixal.