domingo, 28 de mayo de 2023

CD SEIXALBO: 8 AÑOS DE SEAREIROS

Onte preto dun cento de gladiadores despedimos a exitosa tempada deportiva "a la brava". Se a nosa afección está a intemperie nas bancadas de O Carqueixal pois a cea tamén a tiña que ser... a intemperie (😂😂) Somos un equipo de barrio, de pobo, que camiñamos polas rúas empedradas de Seixalbo. E asi o fixemos, na propia rúa, na centrica Praza do Cabildo: catering, afección, xogadores, técnicos e directiv@s. Na noite de onte non correu o balón, foi o momento da palabra, dos recoñecementos e agasallos na mellor compañía imaxinable. Foi unha auténtica maravilla desfrutalo ao voso carón, nós aproveitamos para tatuar o vivido nas nosas retinas e corazóns. Grazas a tantos por tanto. 
 ¡¡Aúpa 💙 Seixalbo!!