O CD Seixalbo desenvolveu na noitiña de hoxe a súa Asamblea Xeral.
O clube tamen incorpora na súa Xunta Directiva a Manuel Garrido Grande, Adrian Fernández Pozo, Gabriel Sánchez Feijoó, Aldo Iglesias Piñeiro e Cristian Pérez Cabo. O resto dos vocais continúan ao igual que Gloria Viana e Mari Cruz Delgado como secretaria en tesoreira respectivamente. Así, 21 persoas forman a actual xunta directiva reforzando o noso lema de que "O CD Seixalbo e de todos e todas"
A Asamblea aprobou o estado de contas. Un dato dos gastos mínimos da tempada que rematou: 2.967,23€ de fichas federativas e 2.193,67€ de arbitraxes.
As socias e socios foron informados polo miúdo das xestións, gastos e dos ingresos do exercicio anterior así como das accións deportivas e sociais realizadas.
Así as cousas arrinca esta nova tempada 2022/2023 cun superávit de 7.227,53€ e unha ilusión millonaria.
¡¡Aúpa 💙 Seixalbo Tropical!!
¡¡EMPEZAMOOOOS!!