Hoxe temos que contarvos unha fermosa historia:
Fai un tempiño o Clube Deportivo Seixalbo enviou o equipo de fútbol feminino TEKOA PERUTI A un conxunto completo de xogo usado e diferente material deportivo a Aldea Indíxena Peruti do Pobo Orixinario Mbya Guaraní en Misiones, Argentina.
A linguaxe planetaria do fútbol facilitou as cousas e ambos artellaron “a la brava” un envío de material deportivo. A solidariedade da directiva do CD Seixalbo estendeuse os seus xogadores, estes tiñan aforros en concepto das multas que eles mesmos se auto impoñen cando reciben amoestacións arbitrais (tarxetas), retrasos na asistencia os adestramentos, etc. Decidiron inverter ese diñeiro en facerse cargo de mercar xogos de canilleiras para as súas compañeiras xogadoras do Tekoa Peruti co gallo de protexerse de posibles lesións, un xesto que lles honra e que fixo que o envío aumentase a potencia humana.
Os Clubes Seixalbo e Tekoa Peruti A ilusiónanse e estreitaron lazos de amizade neste proxecto altruísta e solidario, pero co paso dos días ollan como se estragaba a chegada do material por mor das xestións burocráticas cas autoridades aduaneiras, xestións que superaban a ambos clubs. Pasaba o tempo e eses problemas incrementábanse día a día coas elevadas taxas aeroportuarias no Aeroporto internacional de Ezeiza (Bos Aires). Os xogadores e directivas caen na tristura e impotencia e a chegada da equipaxe de fútbol do CD Seixalbo o Tekoa Peruti corría serio risco de poder culminarse.
O CD Seixalbo pide axuda a desesperada a Consellaría Xeral de Emigración para tentar desbloquear a situación, éstes implícanse e comezan a realizar xestións internacionais que rematan con éxito. O pasado 7 de febreiro de 2019 o envío entraba por fin en Bos Aires. Quedábanlle 1600 kms para chegar ata o pobo orixinario aldea indíxena Peruti de Mbya Guaraní na Provincia de Misiones (preto da fronteira con Paraguay).
A nosa equipaxe de fútbol non ten ningún tipo de publicidade, no noso peito so temos unha mensaxe de pobo “Seixalbo, un lugar para vivir”, mensaxe que ben podería ser de calquera outra aldea de Galicia.
O envío cheo de humildade e corazón percorreu 11.573 kms ata chegar as súas compañeiras do equipo feminino indíxena do Tekoa Peruti A. Logo, estoupa a Pandemia Mundial do Covid-19, obrigando ao coñecido confinamento e paralización de todo tipo de actividades. A finais de decembro de 2021 reiniciase con moitas limitacións e protocolos a competición e, por fin, este pasado fin de semana estrearon a equipaxe disputando un importante torneo provincial feminino a 38kms da aldea na Provincia de Misiones, Arxentina. Peruti A acada o terceiro posto logo de perder nos penaltis o que sería o paso a final. Heroínas competindo entre 32 equipos baixo 36º de temperatura, fomentando valores, compartindo coas mulleres doutras aldeas, traballando como equipo nun obxectivo común, respectándose, atendendo a súa vez aos seus cativos, facendo deporte e traballando auto estima persoal. O resultado deportivo era secundario.
No CD Seixalbo somos un humilde equipo de fútbol afeccionado provincial. A equipaxe é usada e tiña nas súas espaldas dous ascensos de categoría.
Para nós é un verdadeiro orgullo ollar a mulleres indíxenas vestindo as camisolas do club.
A Xunta directiva quere dar publicamente as grazas a todos os que o fixeron posible, especialmente aos nosos xogadores, a Consellaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e, como non, a incrible Blanquita Steinmann
A directiva do CD Seixalbo aproveita para dexesarvos unhas boas e felices festas 🎅 a todas e a todos. E xa sabedes, con sentidiño 😉