Onte o noso veciño e directivo Rosendo Prieto Gutiérrez foi homenaxeado pola Federación Galega de Fútbol.
"Ros" para os amigos, ten unha ampla e espectacular traxectoria deportiva ao longo da xeografia nacional.
Defendeu a equipos como o CD Lliturgi na Terceira División e o Real Jaen e Elche na Segunda División Nacional. Tamen formou parte do Real Balompedica Linense e La Bañeza C.F. de Terceira División, do Moralo de Navalmoral de la Mata, Extremadura, S.D.Sarriana. Na tempada 78/79 estivo no equipo veciño do C.D.Allariz.
Completou a súa espectacular traxectoria co seu paso polo C.D. Nerja da Rexional Preferente Andaluza.
Dende fai uns anos temos a honra e privilexio de que forme parte da nosa actual directiva. Ter un gran deportista entre nós enriquécenos, pero ter unha gran persoa énchenos de ledicia e orgullo.
¡Parabéns Ros!