lunes, 7 de septiembre de 2020

NOVA SEDE DO CD SEIXALBO

 O pasado marzo tiñamos programado inaugurar a nova sede do clube ... pero a pandemia do covid19 impedíunolo. Pospuxemos e estivemos agardando mellores momentos ... pero a actual situación nolo impídenolo.

Así as cousas ocorréusenos facer unha especie de "visita virtual" para que coñezades a vosa casa, porque non esquezades que ó CD Seixalbo é de todos e todas, é voso.

Estivemos traballando en recuperar parte da historia, visita os arquivos, documentación, trofeos, imaxes, etc. Tanta historia é tarefa difícil polo que permanentemente estamos en construción. Si de casualidade tes algo que poda axudar a reconstruír o pasado do Seixalbo non dubides en facérnolo chegar. Algunhas familias cederon cousiñas entrañables como algunas procedentes do bar do David Quintas, unha camiseta do anos 70 de Manolito Pazo, un escudo tallado en madeira polo portugués Julio Mena (da Dosinda) sito no antigo bar deportivo na Praza Maior, etc. ¡Grazas a todos eles! 

Este pequeno video lévache de viaxe o pasado e tráeche ata o presente. Dende os inicios do "Arenas de Sejalvo" de 1942, pasando polo CD Seixalbo da década dos setenta/oitenta ata a brutal e frenética refundación no pasado ano 2015.



¡¡Desfruta da visita!!

¡¡Grazas O Sonoro Maxín pola música!!

¡¡Aúpa Seixalbo!!