Onte celebramos Asamblea XERAL Anual Ordinaria. Foi unha tempada diferente a todas xa que non rematou pola crise sanitaria do COVID.
Como sabedes somos un clube cristaliño, transparente e humilde, o CD Seixalbo facémolo entre todas e todos porque ¡é voso!
A grandes rasgos e moi resumidamente estes foron os nosos números:
- Manexamos un orzamento preto dos 24.000€ que se desglosou así:
- Pagamos 1.401,75 eurazos en SANCIÓNS federativas pendentes da tempada anterior [por mor de que o titulo do adestrador non foi válido durante unhas xornadas].
- Pagamos tamén a Federación en concepto de licenzas / FICHAS dos xogadores outros 5.115,06€
- En ÁRBITROS desenvolsamos 2.350€
- Os gastos de desprazamento dos nosos ADESTRADORES foron a 3.075€
- Recibimos / ingresamos en subvencións 4.037€
- A data de hoxe temos un nas arcas un SALDO positivo de 5.202,27€ polo que somos un clube sen débedas e saneado.
Seguiremos traballando arreo pero ide pensando en darnos un releviño na directiva.
Para rematar queremos agradecer e poñer en valor o bestial equipo humano do que estamos rodeados: 18 directivos imprescindibles, dende a secretaría ata a tesorería, pasando polas persoas que pintan o noso campiño de terra e manteñen as nosas vetustas instalacións, grazas tamén a aqueles que en silencio lavan e preparan a roupa para cada adestramento e para cada partido, grazas a todas e todos os socios que nos apoian e tamén nos animan cada partido. Entre tod@s facedes que o CD Seixalbo teña sentido.
GRAZAS tamén os patrocinadores e os apoios que recibimos.... ¡GRAZAS A TANTA E TAN BOA XENTE que fan posible o actual CD Seixalbo!
É un luxo estar saneados e non ter deudas, pero tamén o é estar rodeados dun grandísmo equipo humano directivo e deportivo. Permitídenos facer unha excepción para dar un agradecemento especial a David Quintas polo brutal ano de curro desinteresado e de alta calidade.
Rematamos este comunicado cun berro: ¡¡Estamos desenxando voltar a ollaros e vivir o fútbol!
¡¡AÚPA SEIXALBOOO!!