miércoles, 15 de mayo de 2019

REMATA A LIGA CON ALGO MÁIS CUM PARTIDO DE FÚTBOL

O CD Seixalbo despide esta vindeira xornada o seu capitán DIEGO VIANA (Seixalbo 1979) que abandoa a práctica do fútbol. O Atl Vilariño súmase o homeanaxe xa que Viana militou tamén nas súas filas.
Viana comenzou no futbol sala escolar e saltou de inmediato as categorías inferiores do desapercido CD Ourense. Logo de xogar no equipo xuvenil de División de Honor saltou a categoría senior.
Como senior foi referencia na máxima categoría do futbol provincial tras xogar 21 tempadas, pasando por equipos como o Amoeiro CF, UD Barbadas (na categoría Preferente), ADC Polígono, SDC Manchica, ATL Vilariño e o actual CD Seixalbo.
No 2015 lidera un grupo de mozos de Seixalbo co que recuperan o actual clube que levaba desaparecido 28 anos. Costean do seu peto as fichas federativas, desbrozan e arranxan as vetustas instalacións do Carqueixal e eles mesmos limpan os vestiarios cada xornada. Trasmiten a súa ilusión a un pobo que os sigue en masa (700 socios) cada xornada é en so tres tempadas acadan dous ascensos, levando o equipo a Primeira Galicia.
Chega a hora de despedirse e non e doado. Emocións encontradas de ledicia e tristeza. Ledicia para a súa familia e fillo, que poderán telo mais o seu carón. E tristeza porque o Carqueixal vai botar de menos a súa calidade futbolística e humana.
Forte abrazo Diego Viana dende a túa casa. Porque esta casa existe nunha importante parte grazas a ti.