O domingo pechamos a terceira tempada dende a nosa refundación. E facémolo nin mais nin menos que disputando unha final no Carqueixal na que nos xogamos o ASCENSO a Primeira Autonómica.
Tres tempadas na que acadamos un campionato de liga con ascenso de categoría, na que parimos un equipo xuvenil no segundo ano que acadou ser o máis deportivo de toda a comunidade Galega. Na que a pasada tempada o equipo senior logrou estar ata a derradeira xornada de liga en postos de ascenso.
O CD Seixalbo ten ademáis un tesouro de 720 socios. Unha curta e exitosa traxectoria e unha afición que está moitas categorías por riba. Un equipo da cidade pero de pobo o mesmo tempo. Un equipo con historia e cuns valores solidarios exemplares que nos levou a transpasar fronteiras.
Este DOMINGO (18:30h) necesitamos do teu apoio no Carqueixal. E POSIBLE. O ASCENSO E POSIBLE. TODO E POSIBLE. SEMPRE E POSIBLE.
E pase o que pase non vai deixar de que se valore tanto acadado en tan pouco tempo. Toca disfrutar deste doce momento tod@s XUNTOS.
¡¡AÚPA SEIXALBO TROPICAAAL!!