martes, 26 de diciembre de 2017

RECORDOS 2017

REMATAMOS un 2017 tatuado nas nosas memorias e corazóns para sempre. Convivimos o fútbol provincial modesto con momentos inesquecibles de tristeza e ledicia.
Comenzamos o pasado nadal co golpe do falecemento do noso socio, amigo e ex xogador Valente (DEP), arrancando xaneiro con pena. Tamén co privilexio de compartir co Comité Anti Sida e ca asociación de Alzehimer almorzos e merendas. En febreiro Pato sufriu a rotura de tibia e peroné. Ambulancia, intervención cirúrxica, muletas, rabia e dolor... En abril vivimos a felicidade de escribir unha páxina na nosa historia o desprazarnos a Suiza vía Oporto/Ginebra para algo "máis que  un partido" internacional amigable.
Outro golpe moi duro foi a retirada do xuvenil Pablo por motivos de saúde. Sufrimos varias lesións como a da "triada" do xuvenil Manuel ou o susto de Medras, este con visita incluida a UCI. Enviamos mensaxes o longo do ano de apoio o xogador do CD Allariz Cristian na sua batalla contra a Leucemia  a AODEM (dano cerebral.. esclerose múltiple..), o arte da música na Rua e a familia do finado veciño e ex xogador Faustino Iglesias..

O mellor dato deportivo foi que o equipo xuvenil converteuse no equipo base mais deportivo de toda a comunidade galega. ¡¡Ahí e nada!! Un mérito espectacular de xogo limpo que foi ignorado por todos os estamentos deportivos e sociais (Federación de Fútbol e Administracións Públicas), algo que creemos humildemente que debería haber sido premiado, fomentado e valorado... Nós felicitamos a todo o equipo xuvenil por acadar un gran logro en educación deportiva en valores.
Empezamos unha nova tempada en agosto co apoio incondicional da Peña as Meigas e con novas caras na dirección técnica e algunhas outras nos xogadores. Tamén con obras de verán no terreo de xogo, obras con investimentos pero tamén con brazos solidarios e altruistas de veciños anónimos os que dende eiquí queremos transmitir o noso sinceiro agradecemento. Pretempada ilusionante e ata con visita do CJ Cambados xuvenil. En setembro enviamos material deportivo os campamentos saharauis, un xesto que nos encheu de orgullo e nos volveu a levar a traspasar fronteiras.

Con todo eso a familia do CD Seixalbo aumentou no deportivo pero tamén no social o superar os 700 abonados. ¡☺!
Agora rematamos un longo ano que pasou a unha velocidade supersónica. O parón de liga e o remate do 2017 deixanos exactemente na metade da táboa clasificatoria, pero a súa vez no mais alto en valores e solidariedade.
Voltamos logo das festas.
¡Saúde e FELIZ 2018 a tod@s!