Ao noso xogador Pablo González Lois (13 anos) acábanlle de dignosticar unha importante lesión de corazón que lle obriga a deixar a práctica do fútbol. A xunta Directiva ven de tomar o seguinte acordo: "Mostrar o noso apoio e solidariedade RETIRANDO DE FORMA SIMBÓLICA E DEFINITIVA A CAMISOLA N° 10 DA EQUIPACIÓN XUVENIL".
- Pablo González é capitán honorífico do CD Seixalbo desde 2015; debutou o pasado mes de setembro no Estadio Luís Bodegas de Monforte de Lemos anotando no minuto 90 o único tanto que subiu ao marcador. Esta tempada debutaba con moita ilusión no seu clube e tiña asinado o dorsal número 10 ... -
#forzapablo