martes, 26 de septiembre de 2017

MÚSICA NA RÚA, ARTE URBANA, CULTURA E FÚTBOL


O vindeiro domingo iniciamos dous merecidos recoñecementos cos que imos premiar aos musicos Tatiana Kostomorova e Nacho Martínez (o Sabina Ourensán do Courel).
     
Seguro que moitos de vós teredes gozado da súa arte musical escoitándoos tocar na rúa do Paseo.





A nosa primeira artista invitada será Tatiana este mesmo domingo (17:00h) en Seixalbo durante o encontro contra o CF Carballeira. Saque de honra, homenaxe e actuación no descanso do partido.
Tatiana kostomorova naceu en Rusia e estudou, entre outros, na Escola Estatal de Artes de Serebriakov (Volgogrado). 19 anos de estudos académicos e outros dez traballando na Orquestra Sinfónica de Volgogrado, teatro musical e ópera.
-Na pasada tempada presentamos un libro durante un partido de liga e nesta queremos recoñecer o traballo artístico de dous grandes musicos ourensáns da rúa-
Grazas Tatiana e Nacho por aceptar a nosa humilde invitación.
Aúpa Seixalbooo!