domingo, 17 de septiembre de 2017

DEBUTOU EN PARTIDO OFICIAL O EQUIPO XUVENIL

Debutou en Monforte de Lemos oficialmente o equipo xuvenil no campionato de liga (0-1). Finalizou o partido pasadas as dez da noite con manteo, ledicia e algunhas lágrimas de emocións.
Debut tamén da adestradora Alba e debut do capitán honorífico do clube Pablo. Non podía ser de mellor maneira. O cadete Pablo meteu hoxe un Gol diferente; leva disputando partidos moi complicados dende fai moito tempo polos hospitais e por eso estamos doblemente contentos. O feito por si so xa e unha victoria, pero co seu gol no derradeiro minuto do encontro... autoestima a dolor. E ademáis foi algo de todos, de todos os seus compañeiros e de todo o EQUIPO sin excepción. Obtida de este modo nos emociona.


¡Norabóa equipazo deportivo e humano!