martes, 29 de agosto de 2017

LISTO PARA DESPEGAR O MATERIAL AOS CAMPAMENTOS SAHARAHUIS

Listo para despegar o envío de material deportivo aos CAMPAMENTOS SAHARAHUIS grazas o One* B* (Switzerland); a SD Valenzá (Barbadás); a Peña As Meigas (CD Seixalbo); os técnic@s e xogadr@s e aficionados e particulares do clube; os que se desprenderon dos seus xoguetes; o Hiper Santo Domingo polas mochilas escolares; os que amosaron interés chamando dende Ferrol..
 a todos e todas GRAZAS.

Un total de 16 CAIXAS donadas con equipacións fútbol, camisetas técnicas, balóns, chándals, material escolar, xoguetes e algunhas botas poñen rumbo o Sáhara dende Seixalbo.