Preto de 200 persoas xuntáronse a noite do pasado sábado día 20 no Parque da Infesta nunha emotiva gala conducida por Marcos Pérez na que se pechaba a tempada 2016/2017. Procedeuse a entrega dos premios e rendiuse unha homenaxe de despedida o adestrador Mario Otero logo do seu traballo altruista o fronte do equipo nas dúas derradeiras tempadas.
Abriuse o acto na sobremesa da cea ca actuación da Peña as Meigas: gastronomía, proxeccións audiovisuais, música, emocións, aplausos e cultura estiveron presentes.
Premios e recoñecementos 2016/2017
EQUIPO SENIOR
Máximo Goleador: Angel García PATO.
Regularidade: Terceiro clasificado TONI Caballero. Finalista Angel García PATO. Xogador máis regular: BORJA Cid.
Comportamento deportivo: ÁLVARO Regal.
Adestradores: MARIO Otero, Enrique Pereira "QUIQUE" e Juan Pablo Ojea JUAMPA.
AFICIÓN
Premio a peña AS MEIGAS polo seu apoio incondicional e constante.
EQUIPO XUVENIL
Máximo Goleador: JOEL Mendy.
Regularidade: Finalista LUIS Ferández Calviño. Xogador máis regular: NOEL Fabello.
Comportamento deportivo: MANUEL Iglesias.
Recoñecemento especial: LORENA Domínguez por ser a primeira muller futbolista na historia do CD Seixalbo.
Adestradores: DAVID Martínez, JOSÉ ALBERTO Cid e MARCOS Pérez.