jueves, 4 de mayo de 2017

O CD SEIXALBO PECHA UN CICLO

Pechamos o noso segundo ano de vida e con él a tempada 2016/2017. E estamos moi orgullosos. Orgullosos polos resultados deportivos e orgullosos por crecer paseniñamente con humildade e o voso carón.

RESULTADOS DEPORTIVOS

No ano do debut fumos capaces de facer historia sendo campións de liga con unha soa derrota.

Nesta segunda tempada debutamos na 2° Autonómica co obxectivo de intentar asegurar a permanencia e asentarnos na nova categoría. Rematamos a primera volta de forma espectacular chegando a durmir líderes arrancando a segunda volta logo de acadar 27 puntos consecutivos. Chegaron as lesións graves a moreas... unha tras outra. Sin que serva de excusa estivemos ata o derradeiro minuto da derradeira xornada en postos de promoción polo ascenso, pero rematamos fora. No ano do debut empatamos a puntos co quinto posto e finalizamos a so a tres puntos do terceiro clasificado. ¿Quén no lo iba a decir?

CRECER PASENIÑAMENTE: EQUIPO

Neste segundo ano arrancamos con doble traballo porque fumos quen de parir un equipo xuvenil. Un equipo por certo único e diferente por conformarlo con mozos de seixalbo e de diferentes lugares da cidade e provincia; una moza e ata tres xogadores inmigrantes. Respeto, igualdade e solidariedade. Razas e culturas diferentes... mestizaxe e educación: un luxo dirixido polo técnico (e xogador lesionado) David Martínez.
O mesmo tempo a nosa masa social crecía ata alcanzar os 700 socios.
Achegámonos esta tempada o Comité Anti Sida, a AODEM (esclerose múltiple), a PROGAPE, a AFAOR (alzheimer), o grupo XESTREU e ata acollimos a presentación  do libro "Desde donde seas feliz"... estivemos, estamos e estaremos con Cristian Ferreira na sua loita contra a Leucemia. Viaxamos a Suiza a disputar un encontro contra o ONE* B* e en breve despedirémonos de vós esta tempada cun emotivo partido amistoso (que próximamente anunciaremos).
Como vedes un ano máxico cargado de emocións e vistias o hospital con tanto lesionado.



GRAZAS E DESPEDIDAS

Por último queremos agradecer a nosa incombustible e fiel Peña As Meigas por estar sempre ahí, a todos e cada un dos socios, os patrocinadores, os colaboradores e seguidores. Tamén agradecer e salientar a implicación dos xogadores que limpiaron cada semana os vestiarios e que costearon do seu peto todos os desprazamentos... dende Lobios ata Cartelle, pasando por Maceda e Sande... os directivos e colaboradores que abriron zanxas, repararon  alumeado, soldaron, marcaron o campo cada partido pasando o pisón .... detalles que nos fan diferentes e que fan que estemos infinitamente agradecidos e orgullosos.

Os momentos máis tristes e difíciles para nos foron ter que despedirnos e ver partir cara o ceo a Valente e Roque, DEP.

Pero si nos permitides desexamos facer un agradecemento especial a alguen que nos deixa. Un recoñecemento público a quen foi máis que un adestrador: Mario Otero. Foi o noso guía o mesmo tempo que o noso enlace co pasado e a historia recente. Militaba no CD Seixalbo na Primeira Autonómica fai 30 anos cando desapareceu... e volveu para ensinarnos moito, facernos creer en nós e convertirnos nun equipo competitivo. Inculcounos que todo era posible. Mario deixará a dirección deportiva pero nunca a nosa amistade e recoñecemento persoal.