14 Abril de 2017, foron meses de preparativos para que, case un ano despois, todo estivese listo para disputar o noso partido de volta internacional.
Antes das 5 da madrugada a expedición xa estaba a punto para emprender a viaxe. Numerosos veciños e amigos esquecéronse de durmir para despedir ao equipo…había sono, nervios…pero sobre todo moitas gañas e ilusión.
Comandados polo noso chófer Toti, partimos de Seixalbo cara a cidade portuguesa de Oporto, para dende alí voar a Suiza…o mellor estaba por chegar.
Aterramos en Xenebra pasadas as 11 da maña cun espectacular recibimento dos nosos amigos, quenes portaban pancartas de benvida e bufandas do noso equipo. A alegría e a emoción eran máis que evidentes.
O noso seguinte destino era coñecer o lugar onde pernoctariamos durante a nosa estancia. Enclavado nunha montaña do alto de “Les Paccots” estaba o inmenso chalé de madeira de típica construcción suiza, onde nos iamos sentir coma na nosa propia casa.
Achegábase o momento do noso particular encontro, e pouco antes das 4 da tarde xa nos encontrabamos no fermoso “Stade de Copet” de Vevey, co terreo de xogo en perfectas condicións, clima espléndido e cos inconmensurables Alpes como fondo.
Exercicios de quecemento das dúas escuadras, desfile dos xogadores ata o círculo central, presentación personalizada dos compoñentes de cada equipo, intercambio de agasallos apertas e sorrisos...e o balón bota a andar nun partido bonito, disputado e intenso que se salda con victoria suiza por 2-1.
Queremos destacar a afección, ao numeroso público que se achegou ao campo para vivir estes momentos tan especiais con nós, a esa xente que se alegrou de vernos alí e coa que puidemos compartir aperitivo, e tamén a moitos dos nosos galegos emigrados que coa nosa presenza se sentiron un pouco máis perto da casa.
Remataría o día cunha suculenta cea de típica gastronomía suiza, acompañados polos nosos amigos e a súas familias onde non faltaron cánticos, risas e bonitos momentos, tanto que a festa se prolongaría ata altas horas da madrugada.
Pero no medio da noite xurdiu un momento máxico, cando os capitáns de cada equipo (Fran e Bullas), acompañados de todos os asistentes plantaron unha árbore que simboliza unha amizade que perdurará sempre.
Continuaba a fin de semana e nos preparamos para vivir unha interesante xornada. Comezaba coa visita guiada pola bodega “Jomini Vins” onde puidemos disfrutar dunha degustación de viños da zona, coñecida pola súa intensa actividade vitivinícola, seguida dunha ruta polos viñedos dende onde se podían contemplar vistas marabillosas das montañas escarpadas dos Alpes e do extenso lago Leman que separa Suiza de Francia.
Seguimos a viaxe embarcando nun cruceiro a vapor que recorre o borde do lago e nos permitiu disfrutar dun momento moi relaxante, para despois poder visitar a bonita cidade de Vevey.
Cunha poboación duns 20.000 habitantes e situada a non moitos kilómetros de Laussane, este encantador lugar ofrece aos visitantes unha panorámica espectacular de natureza, unha arquitectura e distribución onde todo encaixa e unha acollida que transmite paz e tranquilidade. Non é de extranar que alí fixase a súa residencia o mítico e fabuloso actor Charles Chaplin, nin que alí se encontre a sede da multinacional empresa Néstle.
Rematamos o día cunha espléndida cea de confraternización nun céntrico restaurante e cun posterior paseo nocturno por Vevey, para acabar nun local da cidade celebrando o fin de festa.
Ao día seguinte tocaba recoller e pensar na volta a casa, asimilar o tanto vivido en tan pouco tempo e dixerir tantas emocións. Tocaba dar mil veces as gracias polo trato e pola atención recibida. Tocaba deixar atrás unha experiencia única, inigualable, inesquecible e quen sabe se irrepetible.
Chegamos todos a Seixalbo, con expresión de alegría e satisfacción, recibidos unha vez máis por todos os nosos cos brazos abertos.
PLUS QU’UN MATCH . ONE *B* & CD . SEIXALBO.
14. avril 2017, depuis des mois de préparatifs, près d’un an plus tard, tout était prêt à contester notre match de retour international.
Avant de 05:00 du matin, l’expédition est prête à se lancer dans l’aventure. Beaucoup de voisins et d’amis ont oublié le sommeil pour faire les adieux à l’équipe, ils avaient du sommeil, des nerfs, mais surtout avide et enthousiasme...
Commandé par notre chauffeur Toti, nous avons sortie de Seixalbo jusqu’à la ville portugaise de Porto, à mouche là en Suisse, le meilleur est à venir
Nous avons atterri à Genève après 11:00 le matin avec une spectaculaire accueill nos amis, * qui portait * bannières de Accueil et écharpes de notre équipe. La joie et l’émotion ont été plus qu’évidents
Notre prochaine destination était la place où nous sommes restés pendant notre séjour. Niché sur une montagne l’haute Lees * Paccots, il était le grand chalet en bois de la Suisse, où nous allions à se sentir comme dans notre propre maison.
Approchait le moment de notre réunion et peu avant 04:00 nous étions déjà dans le magnifique Stade de Copet a Vevey, avec le terrain de jeu en parfait état, avec le climat de l’immense et les fier Alpes comment toile de fond.
Exercices d’échauffement, défilé des joueurs jusqu’au cercle central, la présentationdes joueurs personnalisé des éléments de chaque équipe, échange cadeaux câlins et sourires... et le ballon prendre pour rouler dans un match agréable, contesté et intense qui se rendre á la fin avec la victoire de l’equipe de la Suisse 2-1.
Nous voulons mettre en évidence les fans, à la foule qui s’est approché le champ pour vivre ces moments spéciaux avec nous, les gens qui était heureux de nous voir là et avec qui elle pourrait partager * apéritif, ainsi que bon nombre de galiciens * émigrés qui, grâce à notre présence, se sentaient un peu plus près à la maison.
Il finirait la journée avec une dîner extraordinaire, la typique gastronomie Suisse, accompagné de nos amis et à leurs familles où il n’y avait pas de pénurie, des chansons, de rires et de beaux moments, a la fin que la fête devait durer jusqu’aux petites heures du matin.
Mais au milieu de la nuit est venu un moment magique, quand les capitaines de chaque équipe (* Fran et * Bullas), accompagneéss de tous les participants ont planté un arbre symbolisant une amitié qui durerá pour toujours.
Il a continué le week-end et nous nous avons prepareés à vivre une intéressante journée. Commençant par une visite à la cave « Jomini * Vins » où nous pourrions profiter une dégustation de vins de la région, connue pour l’ intense activité du vin, suivi d’un itinéraire par le vignes où l'on pouvait voir une magnifique vue sur les montagnes raide de les Alpes et lac Leman Genève qui sépare France de la Suisse.
Nous continuons le voyage à l’embarquement sur un bateau à vapeur qui longe les rives du lac et nous a permis de profiter d’un moment très relaxant, et après on a visté la belle ville de Vevey.