miércoles, 15 de marzo de 2017

O CD SEIXALBO RENDE HOMENAXE A AODEM

AODEM é unha asociación sociosanitaria, sen ánimo de lucro, creada en Ourense no ano 1996 por  afectados/as de Esclerose Múltiple e as súas familias co obxectivo de dar unha resposta integral ás necesidades deste colectivo que non son cubertas dende a Administración Pública. Para iso traballa con profesionais do ámbito sanitario e tamén social, desarrollando un Proxecto Interdisciplinar. Atende a persoas diagnosticadas das seguintes patoloxías:
Esclerose Múltiple  -  Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) – Parkinson
 Enfermidades Raras - Outras enfermedades neurodexenerativas.
O Fútbol como medio para.... para agradecer e visibilizar as persoas k fan posible un ourense mellor.
¡A vindeira xornada súmate con nós a homenaxear a AODEM!