lunes, 19 de diciembre de 2016

UN AÑO DE CD SEIXALBO

Rematamos a primeira volta da competición xunto co presente 2016, sen dúbida un ano intenso e irrepetible para nós. Ahí vai un breve resumen do que foi:
Comenzamos xaneiro ca ledicia de contactarnos co grupo La Pegatina e ca concesión do premio Goya o noso socio e director de cine Jorge Coira. En febreiro acadamos o ascenso de categoría e o campionato de Liga no que foi a primeira andaina da nosa recente historia.
En marzo chega a Seixalbo o noso embaixador en Africa Moustaphá para quedarse para sempre nos nosos muros e corazóns. O mesmo tempo a aficionada e actriz Elena Seijo participaba na serie Vis a Vis antena 3 tv.
En abril sufrimos nas nosas carnes a operación de ligamento cruzado anterior de David Martínez.
En maio O Carqueixal acolleu o seu primeiro partido internacional contra o One B suizo.
No mes de xuño celebramos a cea de fin de tempada cos socios e xogadores o aire libre disfrutando do concerto de O Sonoro Maxin.
En xullo recordamos a nosa historia desenvolvendo un encontro ca participación de ex xogadores do CD Seixalbo.
En agosto comenzamos a pretemporada ca novidade dun novo equipo xuvenil e desplazandonos a Pontevedra para xogar ante o mítico Juventud de Cambados. Tamén sufrimos outro duro golpe ca operación pola grave lesión de Rulas.
En septembro debutamos con humildade nesta nova categoría da Segunda Autonómica, camiñando pasiño a paso e co obxectivo de manter e consolidar a categoría.
En outubro chegaba o frio pero nós non o sentíamos grazas o constante apoio dunha afición espectacular que supera xa os 710 socios.
En novembro tivemos o privilexio de achegar a cultura o Carqueixal presentando o libro "Desde donde seas feliz" de Silvia Domínguez.
E xa neste mes de decembro homenaxeamos a PROGAPE convidando a cans e gatos a un partido oficial, saque de honra incluido. E rematamos fichando a primeira muller futbolista da nosa historia. Benvida Lorena.
Como podedes ver un ano de maxia así que grazas a todos e cada un de vos por facelo posible.
¡Aúpa Seixalbo!