Nota Necrolóxica. Triste nova para a familia do CD Seixalbo.
Faleceu Arturo Valente, ex xogador e actual socio do CD Seixalbo. Como xogador contribuiu a forxar a nosa historia no pasado; como socio e fiel seguidor no presente. Nesta nova andaina acompañounos incondicionalmente dende a presentación a cada partido e desprazamento. Valente desprendía cariño so ca sua mirada, xunto co seu sorriso constante, amabilidade e discreción facían de él unha persoa moi querida e apreciada no Carqueixal. Valente xunto con Teresa eran, son e seran parte de nós. Descanse en Paz. As nosas condolencias a Teresa e familia