lunes, 14 de noviembre de 2016

PRESENTACIÓN DO LIBRO “DESDE DONDE SEAS FELIZ”

O CD Seixalbo desenvolve un acto cultural o vindeiro sábado 19 de novembro no Campo de Fútbol de O Carqueixal. No descanso do partido da 11ª xornada de liga que enfrontará o CD Seixalbo e A Merca CF terá lugar a presentación do libro de relatos “DESDE DONDE SEAS FELIZ” escrito por Silvia Domínguez. 
Nacida fai 21 anos é unha muller moderna, brava, valente e soñadora que xa dende moi pequena plantoulle cara a vida en situacións difíciles. Axudou e axuda a súa familia con un sorriso afable no rostro que anima a xente que a rodea. Estudante de terceiro ano de teatro prepara unha obra que a levará de xira. Dende fai catro anos conxuga seu tempo livre sendo voluntaria da cruz vermella. 
Sempre quixo escribir un libro e, despois de moito pensalo, un día decidiuse a facelo.  “Desde donde seas feliz” é un libro que nace nas súas viaxes en tren e que a seguro supuxo para ela mesma unha viaxe interior. Nel da luz sobre verdades escondidas na sociedade, sobre cuestións actuais nas que moitos pensan pero poucos verbalizan. 
Soñou facer unha xira cunha compañía teatral, soñou escribir un libro... dende o CD Seixalbo desexámoslle o mellor e moita sorte para que tamén logre cumprir o seu seguinte soño: vivir en Barcelona ou Madrid e conseguir vivir traballando coma actriz. Será duro pero abofé que creemos que o logrará e poderemos presumir de coñecela. 
No CD Seixalbo estamos moi agradecidos pola súa labor social e por pensar en nós para a presentación do seu libro. Por si fora pouco dóanos o 30% do seu custe. 


"DESDE DONDE SEAS FELIZ es un pedacito de mi corazón, es lo que siento, he vivido, incluso lo que algunas personas piensan pero nadie se atreve a decir”. Silvia Domínguez.

XORNAL: LA VOZ DE GALICIA