Unha vez desenvolvidas as primeiras nove xornadas de liga encabeza a clasificación a UD Barbadás con 22 puntos seguido do CD Arenteiro de Carballiño. Pecha a táboa o SDC Arrabaldo con so 3 puntos acadados.
Pero... ¿imaxinades/sabedes cómo vai a outra liga, a da deportividade?: Pecha a clasificación o CD Velle con 20 tarxetas amarelas recibidas e 1 bermella, sígueo de preto o SDC Arrabaldo con 19 tarxetas amarelas. 17 tarxetas amarelas recibiu o Soutopenedo CF. Os xogadores da UD Barbadás recibiron 15 amarelas e 1 bermella, o CD Arenteiro 14 amarelas e tamén 1 bermella. O CD Cea obtivo 13 amarelas e 1 bermella. Empatan con 13 tarxetas amarelas recibidas o CD Maceda e o Ourense CF. 11 tarxetas amarelas recibiron os xogadores da UD Ourense, 8 os do CF Monforte e CDC Santa Teresita.
Pois sí, si señores: Somos o líder destacado na deportividade. O CD Seixalbo recibiu unha soa tarxeta amarela (que foi nesta derradeira 9ª xornada de liga).
Pois sí, si señores: Somos o líder destacado na deportividade. O CD Seixalbo recibiu unha soa tarxeta amarela (que foi nesta derradeira 9ª xornada de liga).
Énchenos de ledicia esta nova porque confírmanos que imos polo bo camiño, e apetecíanos compartilo con vós.
O CD Seixalbo e un proxecto socio educativo de desenvolmento comunitario que milita na Segunda Autonómica Xuvenil (G13). No seu plantel conflúen xogadores de diferentes barrios de Ourense e nacionalidades, nos seus adestramentos fálase galego, francés, castelán e wolof.

Norabóa os técnicos e xogadores por este exemplar resultado.
¡Aúpa Seixalbo tropical!