lunes, 5 de septiembre de 2016

O CD SEIXALBO SUPERA OS 600 ABONADOS

Entrando na derradeira semana para que de comenzo o campionato ligueiro o CD Seixalbo alcanza os 614 socios. Ana Barja Cortes e a socia número 600, para celebralo o club agasallona entregándolle diferentes obsequios do equipo.
Noraboa Ana e grazas polo teu apoio o noso proxecto.
No seu segundo ano de vida o CD Seixalbo convírtese nun dos equipos con mais masa social da cidade. Entre os seus siareiros conta ca Peña As Meigas, peña que a pasada tempada fletou un bus acompañando o equipo a todos e cada un dos seus desprazamentos. Sen dúbida un orgullo para nós.



Grazas a todos e cada un de vos por apoiarnos.

¡O CD Seixalbo somos tod@s!