sábado, 20 de agosto de 2016

O CD SEIXALBO PECHA A PRETEMPORADA XOGANDO EN CAMBADOS

O CD Seixalbo remata a pretemporada xogando o vindeiro sábado 27 as 18:30h ante o histórico CJ Cambados.


Desprázase a Pontevedra para xogar o prestixioso "Trofeo Villa de Cambados". Os xogadores viaxarán acompañados dos futbolistas do equipo xuvenil. Por outra banda a Peña As Meigas está traballando para fletar un autobus ca afición, aproveita esta oportunidade e anótate canto antes que as prazas son limitadas.

O Concello de Cambados pon a dispor da nosa afición as 16:30h na Praza de Fefiñans unha visita por diferentes paraxes das zonas monumentais no vehículo "Pavi Tren".
O CJ Cambados foi fundado no 1963, militou na 2° División B, actualmente conta con unha renovada directiva e milita na Primeira Autonómica Provincial de Pontevedra.