viernes, 17 de junio de 2016

O ADESTRADOR MARIO OTERO RENOVA CONTRATO CON CD SEIXALBO

O CD Seixalbo ven de renovar o seu actual adestrador Mario Otero para a próxima tempada 2016/2017.

 Mario Otero atesoura unha ampla experiencia no fútbol provincial. Ao longo da súa carreira deportiva logrou ascender de categoría deportiva ata en oito ocasións diferentes. Como adestrador levou equipos como Melias CF, Paderne, Gomesende, Taboadela, Merca, Rante, Parada de Sil e o propio Seixalbo; acadou a promoción con tres deles: Melias, Merca e Seixalbo.

Ademáis, na súa etapa de xogador militou no Sporting Montealegre, Seixalbo (en tres ocasións diferentes), Athlético Velle, Melias, Parada Piñor, Bentraces, Asunción e Macendo; con 5 deles conseguiu o ascenso.

Esta tempada tomou as rendas dun diferente Deportivo Club Seixalbo que retornaba á competición tras 29 anos de ausencia, pasando a formar parte dun proxecto socio educativo de desenvolvemento comunitario onde a solidariedade, a pedagoxía ea cultura son algúns dos seus pilares fundamentais.

O CD Seixalbo ven de acadar o campionato de Liga no grupo 12 da Terceira Autonómica.