Corria o mes de maio de 1979 cando o CD Seixalbo obtiña o campionato de liga...
O Carqueixal acolle o sábado 18 de xuño as 19:30h un partido cos mesmos actores. Un reencontro no ano en que o CD Seixalbo volve a obter o campionato de liga. Os actuais campións da liga 2015/2016 participan nesa xuntanza facéndolle un merecido pasillo os campions de aquela liga 1978/1979.
37 anos despóis volven a xogar no Carqueixal baixo a dirección dos técnicos de aquelas Lalo, Varela e Rey ca presenza dos directivos da época.
Recordos, sentimentos, emocións.. a mellor maneira de facer un relevo. A mellor forma de recoñecer a tantas e tantas personas que compartiron os seus mellores anos e forxaron a historia do CD Seixalbo.
Non te podes perder o que o espectáculo rei e capaz de acadar.
Recorda: O sábado 11 as 19:30h o Carqueixal de Seixalbo será testemuña doutro momento histórico. Acude e forma parte da mesma.
Aúpa CD Seixalbo!