FESTA FIN TEMPADA
No CD Seixalbo rematamos a tempada. Queremos facelo rodeado de todos e todas vos, veciñ@s, xogadores, soci@s, amig@s, peña, directiv@s, patrocinadores, etc. E queremos facelo XUNTOS e o grande, como merecedes.
Para elo preparamos dous espazos.
Unha cea (sábado 11 de xuño ás 21:30h) no Parque da Infesta -debes retirar un ticket previo antes do mércores 8 de xuño- e un concerto/verbena co O SONORO MAXIN (00:00h).
O concerto verbena e de balde e de balde e aberto a todos e a todas. Verbena, na que a cumbia, a soberana absoluta das verbenas, convertirá a festa "nun baile tropical onde cada un manda na sua forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile". Esta máquina sonora, este camiñar imaxinativo vai dende a cumbia ata a rumba, dende o reggae ata o ska, actualizando a verbena e traéndoa ata a fusión musical do século XXI.
Volve a imaxinación, volve a máquina, volve a onda sonora que camiña sin fin... "Bailar de novo, cantar de novo e sorir de novo c'O Sonoro Maxín"
Acompáñanos o SABADO en Seixalbo.
¡Aúpa Seixalbo!