VALORES QUE NO PASAN DESAPERCIBIDOS
O vindeiro domingo día 20 de marzo o CD Seixalbo recibe na terceira xornada de Copa Delegación da Terceira Autonómica ao equipo de CF Os Chaos. É a primeira vez na historia que ambos equipos enfróntanse e, máis aló da competición, queren facelo rendéndolle unha homenaxe a unha das persoas referentes no fútbol modesto provincial. Referímosnos a Xosé Manuel Rodríguez Nóvoa (nacido en Amoeiro o 23 de decembro de 1943). É coñecido nos campos de fútbol de Ourense como “Pego”. Foi fundador do equipo de Terceira Autonómica CF Os Chaos, alí exerce desde fai anos como presidente, adestrador e calquera outro rol que sexa necesario para que o club siga en marcha, incluso o de vestirse de curto para defender as súas cores.

Emigrante como tantos miles de galegos xogou aos 20 anos en Alemania (chegou a militar na Segunda División alemá), na localidade de Krefeld. Dous anos despois regresa a Amoeiro e ficha polo Arenteiro de O Carballiño. Máis tarde fundou a Agrupación Deportiva Amoeiro e con posterioridad o seu actual equipo dos Os Chaos.
O Pego cos seus 72 anos xoga partidos oficiais en competición. O CF Os Chaos chegou a estar 977 días e 68 partidos de liga sen gañar, empatando únicamente un. Este campionato de liga 2015/2016 finalizouno sen gañar nin un só encontro. Si embargo, e aínda que os resultados deportivos non lle acompañaron, é un dos equipos mais queridos da provincia. Agora, logo de dous anos sen gañar ningún partido, a pasada xornada Os Chaos venceron na casa 4-2. Por todo iso é o mellor momento para mostrarlle o noso recoñecemento e agarimo. O Pego, xunto aos CF O Chaos, foi e é un exemplo de humildade, constancia e deportividade; valores que non pasan desapercibidos para o CD Seixalbo. Por todo iso este próximo domingo ás 16:30h en O Carqueixal o CD Seixalbo réndelle unha merecida homenaxe, facéndolle entrega dunha placa conmemorativa ante os afeccionados.