miércoles, 24 de febrero de 2016

O LADO MÁIS SOLIDARIO DO CD SEIXALBO

Xogadores do CD Seixalbo visitaron o mércores 24 de febreiro o CEIP PLURILINGUE DE SEIXALBO. Foi unha charla coloquio dirixida a 137 alumnos e baixo o título "DEPORTE E SOLIDARIEDADE. O FÚTBOL COMO MEDIO PARA…."



Asistiu unha representación da plantilla de xogadores e cadro técnico; pero tamén estaivo tamén presente Moustapha Mbaye, inmigrante senegalés e "embaixador do CD Seixalbo en Senegal". Moustaphá e membro do Club Atletismo Veteranos Ourense e recentemente xa fora homenaxeado polo club. Falou sobre a súa historia de superación, loita, humildade e esforzo, valores que comparte o CD Seixalbo e que inculca os seus xogadores, aficionados e, como non, os rapaces a través do deporte.

 O CD SEIXALBO dende a sua creación ven prestando a a súa axuda a
diversas iniciativas solidarias como a Asociación de Inmigrantes Senegaleses ou de apoio ó Sáhara. Por iso esta non foi unha visita máis dun clube deportivo de fútbol a un centro escolar.
O CD Seixalbo e un clube único soio polo feito de que os seús xogadores son 100% da comunidade de  Seixalbo, eles refundaron o clube, reconstruin as deterioradas instalacións deportivas, lixaron e pintando as vaias, vestuarios e muros do Carqueixal; costean do seu peto as sús fichas federativas e ata teñen asinado turnos nos que limpian cada semana os seus propios vestuarios.

O CD Seixalbo e un proxecto socio educativo de desenvolvemento comunitario.

XORNAIS
La Voz de Galicia

Galifitbol