Remata o ano no que renaceu o CD Seixalbo, atrás quedan as visitas o arquivo, peonadas que lixaron e pintaron as vaias.. desbrozadoras de silvas, o pisón e o tractor do Eli, arranxo dos vestuarios, soldaduras, numerosas reunións de debates e consenso, configuración da directiva, equipacións, plantilla e cadro técnico, a pintura dos muros e grafities.... líderes dende a primeira xornada ligueira, unha peña: As Meigas, que fletan un bus cargado de ilusión a cada desprazamento, un cronista e un capitán honorífico, solidariedade con Moustaphá e o Sáhara, preto dos 600 socios, etc, etc... ¡canto temos currado xuntos! Agora, vaise o 2015 que sen duda pasará a historia e é o momento daros as grazas e desexaros a todos e cada un de vos un vindeio ano cheo de ledicia, saúde e deportividade. Aúpa Seixalbo!, "del Seixalbo hasta morir"