domingo, 6 de septiembre de 2015

HOMENAXE ANTIGUOS DIRECTIVOS E ADESTRADORES

Hoxe o Clube Deportivo Seixalbo rende homenaxe a persoas que desinteresadamente traballaron arreo durante moitos anos polo clube, os ex-directivos e ex-adestradores. Para nós é un momento moi especial e necesario.

Fai agora 45 anos que este clube iniciou o seu camiño federativo, e un pobo con memoria non esquece a quenes traballaron tanto a cambio de tan pouco. Hoxe, dende o campo de "O Carqueixal" enviamos un guiño cara o ceo os que xa non están con nós coma: o "Barros", o "Nito", o "Gándara", o "Cesáreo", etc... e tamén un cariño e un recordo especial as súas familias e amigos.



Todos eles contribuiron a forxar a historia do C.D. Seixalbo, pero tamén fixeron moito máis se temos en conta que naqueles tempos difíciles lograron que milleiros de mozos puideran facer deporte e recibiran valores básicos na vida coma son a educación, a solidariedade, o respeto, a igualdade…

Recordámolos coa compaña doutros directivos convidados hoxe a estar con nós: Álvaro Senén "Vispo", Luis Gómez Pavón "Barril", Manuel "Fontaíña", Emilio Otero "Milo", "Feijoó", Andrés Fabello, "Félix" Cid, Manuel Benavides "Lolo", José Gómez González, José Manuel Rodríguez López, Benigno Romero Noguerol, Julio López e Manuel Pérez.


E como non tamén aos adestradores que se esforzaron, que berraban aprendizaxe no areal do Carqueixal, e inculcaron disciplina a milleiros de nenos e mozos, forxando a homes do noso presente. Eles son: Jesús Rey Amorín, Eladio Fidalgo "Lalo", José Ojea Carballo "Parrala", Eladio Varela e Antonio Dorribo Cid.



Co traballo de todos eles e dos xogadores se acadaron altas metas deportivas: o Campionato xuvenil provincial, xogando incluso a fase de ascenso a liga nacional xuvenil, o sub campionato da segunda división rexional na temporada 71/72, campións da terceira división rexional na temporada 78/79 e ata finalistas da Copa Ourense nas temporadas 71/72 e 73/74. Pero os mellores logros acadados foron en forma de experiencias humanas cotiás.

Por todo isto e moito máis hoxe, no campo de Fútbol do Carqueixal, @s siareir@s, os xogadores, soci@s e directiv@s, coa colaboración dalgunhas autoridades, dámosvos as grazas e rendémosvos un breve e humilde homenaxe.

Seixalbo, 6 de septembro do 2015



Xunta Directiva 2015