O pasado 14 de Xullo tivo lugar a xuntanza da delegación ourensá da Federación Galega de
Fútbol para anunciar a composición dos diferentes grupos das categorías provinciais así como as datas de inicio da competición.
Clube Deportivo Seixalbo queda encadrado no grupo 10 da Terceira Autonómica, división que
compartirá cos seguintes equipos: A.D.F. Molgas, C.D. Rocas, San Roque de Vilarevós, C.D. Vilar de Barrio, C.D. Maceda “B”, Arnuide C.F., C.D. Espadana, Parada do Sil C.F., Loureiro C.F. e A Sainza.
A competición do torneo regular dará comezo o vindeiro día 6 de Setembro, pero a temporada arrancará o último fin de semana de Agosto coa disputa das primeiras eliminatorias da Copa Deputación na que Clube Deportivo Seixalbo debutará oficialmente entrentándose a C.D. A
Bola.
Ao fianlizar a liga terá lugar a celebración dun torneo entre os dous grupos de terceira autonómica.