Foi unha ledicia despegar ao carón de ex xogadores como Telmo, (ano 1946); Marcelino ou Valente (década dos 1970) e o mesmo Mario (agora convertido no novo adestrador)... Tamen ex directivos como Fontaíña, Lolo Benavides, Felix Cid, Manuel Pérez, Julio.. etc. Tamén estiveron presentes as autoridades da Federación de fútbol como Cachaldora e os representantes políticos Bernardino, Vilachá e Mario Guede... E como non, os siareiros de todas as idades e xénero e o plantel de xogadores.
Queremos agradecer a tod@s a súa presenza, e de un xeito especial a Lalo Pavon da asociacion de comuneiros de Seixalbo polo seu apoio dende o comezo.