martes, 9 de agosto de 2022

VISITA DE HONRA

 O noso veciño Adolfo Zon Pereira visitou a sede do Clube Deportivo Seixalbo. Adolfo e máis cun misionero javeriando que leva preto dun cuarto de século  na Amazonas. Adolfo e actualmente Bispo do Alto de Solimões, localizado na parte surocidental do estado do Amazonas (214.217,80km²).



No 2014 recibiu unha chamada telefonica que lle mudou a vida. Era do Vaticano. O Papa Francisco nomeabao Bispo, desprazándose outros 3000kms pola selva amazónica.

Gran traballo, grande persoa e veciño.

¡¡Aúpa Seixalbo 💙 Tropical!!

domingo, 10 de julio de 2022

ENRIQUE PEREIRA NOVO PRESIDENTE DO CD SEIXALBO

 O CD Seixalbo desenvolveu na noitiña de hoxe a súa Asamblea Xeral.


Maxi Cid deixa a presidencia asumindo o relevo o ata ahora vocal e socio fundador ENRIQUE PEREIRA "Kike". O vicepresidente pasa a ser ANXO REGAL e continúan como directores deportivos
Mario Otero e Diego Viana.

O clube tamen incorpora na súa Xunta Directiva a Manuel Garrido Grande, Adrian Fernández Pozo, Gabriel Sánchez Feijoó, Aldo Iglesias Piñeiro e Cristian Pérez Cabo. O resto dos vocais continúan ao igual que Gloria Viana e Mari Cruz Delgado como secretaria en tesoreira respectivamente. Así, 21 persoas forman a actual xunta directiva reforzando o noso lema de que  "O CD Seixalbo e de todos e todas"

A Asamblea aprobou o estado de contas. Un dato dos gastos mínimos da tempada que rematou: 2.967,23€ de fichas federativas e 2.193,67€ de arbitraxes.

As socias e socios foron informados polo miúdo das xestións, gastos e dos ingresos do exercicio anterior así como das accións deportivas e sociais realizadas.

Así as cousas arrinca esta nova tempada 2022/2023 cun superávit de 7.227,53€ e unha ilusión millonaria.

¡¡Aúpa 💙 Seixalbo Tropical!!

¡¡EMPEZAMOOOOS!!

jueves, 16 de junio de 2022

O CD SEIXALBO ACADA O ASCENSO A 1 GALICIA

 Logo de obter o Campionato de Liga o CD Seixalbo remachou co ascenso unha brillante tempada gañando os dous partidos do play off.


Alá van 2 titulos de liga e 3 ascensos de categoría nestas derradeiras tempadas, algo o alcance de moi poucos polo que estamos moi pero que moi orgullosos.





Brutal entrada nun Carqueixal abarrotado para dar testemuña dun partido histórico. Visctoria 3-2 (Toni Caballero e Pato²) ante un gran TOEN FS. Non faltou nada, emoción, penalti, expulsado... ata a televisión retransmitido o encontro en directo, algo histórico no Carqueixal.

Parabéns a directiva, afición, técnicos e xogadores. ¡Todo e mérito e voso!

Fixémolo e acadámolo XUNTOS.

A vindeira tempada competiremos na máxima categoría do fútbol provincial.

¡¡¡AÚPA 💙 SEIXALBOOO!!!























jueves, 26 de mayo de 2022

A GRAN FINAL POLO ASCENSO A 1ª AUTONÓMICA. 

 Chega o partido máis importante dos derradeiros 4 anos. A GRAN FINAL POLO ASCENSO a 1 Autonómica. 

Vamos!, como o MUNDIAL de fútbol.

- Aquel domingo 27 de maio 2018 xogamos a final no Carqueixal contra o grande equipo dos amigos da UP TABOADELA, echeuse o campo cun ejemplo de deportividade d@s siareir@s, sufrimos, gañamos na sorte dende os penaltis e ascendimos a máxima categoría do fútbol provincial.


- E este domingo 29 de maio 2022, unha pandemia mundial despóis, xogamos a GRAN FINAL POLO ASCENSO a 1 Autonómica no Carqueixal contra grande equipo dos amigos do TOEN FS, oxalá se volva a repetir e se echa o campo, e que sexa un exemplo de deportividade por parte de todas e todos @s siareir@s. Un dos dous equipos ascenderá e mudará de categoría. Sen dúbida ámbolos dous merecen o ascenso pola gran tempada realizada. Ámbolos dous velen de ser CAMPIÓNS da Liga.


¡Acude a animar ao teu equipo!

¡Moita sorte a todos e deportividade!

¡¡Aúpa  Seixalbo!! 



lunes, 16 de mayo de 2022

¡¡O CD Seixalbo Campión de Liga 2021 - 2022!!

 PADRENDA 0

CD SEIXALBO 2 (Martin e Pato)

Merecido resultado que recompensa o esforzo da plantilla, técnicos, auxiliares e directivos. Grazas afición por acompáñarnos xornada tras xornada por toda a provincia. GLADIADORES.



¡Parabéns a todos e a todas!

Meses de regularidade no que tamén xogamos contra as lesións, co Covid19 e ás adversidades. Nas 26 xornadas do Campionato fumos líderes 23, algunhas das restantes empatados a puntos co 1° clasificado. Ademáis PICHICHI da Liga co demoledor Pato con 29 goles en so 17 partidos e equipo menos goleado do grupo empatado co Ribadavia Atl.

En nada chegará a loteria dos Play Off. Pase o que pasene sexa o que sexa imos disfrutar xuntos dese pequena viaxe. Parabéns aos clasificados e sorte para todos.







¡¡Aúpa 💙 Seixalbo!!

martes, 21 de diciembre de 2021

EQUIPO FUTBOL FEMENINO TEKOA PERUTI A, POBO ORIXINARIO MBYA GUARANÍ, MISIONES, ARGENTINA

 Hoxe temos que contarvos unha fermosa historia:

Fai un tempiño o Clube Deportivo Seixalbo enviou o equipo de fútbol feminino TEKOA PERUTI A un conxunto completo de xogo usado e diferente material deportivo a Aldea Indíxena Peruti do Pobo Orixinario Mbya Guaraní en Misiones, Argentina. 

A linguaxe planetaria do fútbol facilitou as cousas e ambos artellaron “a la brava” un envío de material deportivo. A solidariedade da  directiva do CD Seixalbo estendeuse os seus xogadores, estes tiñan aforros en concepto das multas que eles mesmos se auto impoñen cando reciben amoestacións arbitrais (tarxetas), retrasos na asistencia os adestramentos, etc. Decidiron inverter ese diñeiro en facerse cargo de mercar xogos de canilleiras para as súas compañeiras xogadoras do Tekoa Peruti co gallo de protexerse de posibles lesións, un xesto que lles honra e que fixo que o envío aumentase a potencia humana.


Os Clubes Seixalbo e Tekoa Peruti A ilusiónanse e estreitaron lazos de amizade neste proxecto altruísta e solidario, pero co paso dos días ollan como se estragaba a chegada do material por mor das xestións burocráticas cas autoridades aduaneiras, xestións que superaban a ambos clubs. Pasaba o tempo e eses problemas incrementábanse día a día coas elevadas taxas aeroportuarias no Aeroporto internacional de Ezeiza (Bos Aires). Os xogadores e directivas caen na tristura e impotencia e a chegada da equipaxe de fútbol do CD Seixalbo o Tekoa Peruti corría serio risco de poder culminarse.

O CD Seixalbo pide axuda a desesperada a Consellaría Xeral de Emigración para tentar desbloquear a situación, éstes implícanse e comezan a realizar xestións internacionais que rematan con éxito. O pasado 7 de febreiro de 2019 o envío entraba por fin en Bos Aires. Quedábanlle 1600 kms para chegar ata o pobo orixinario aldea indíxena Peruti de Mbya Guaraní na Provincia de Misiones (preto da fronteira con Paraguay).

A nosa equipaxe de fútbol non ten ningún tipo de publicidade, no noso peito so temos unha mensaxe de pobo “Seixalbo, un lugar para vivir”, mensaxe que ben podería ser de  calquera outra aldea de Galicia.

 




O envío cheo de humildade e corazón percorreu 11.573 kms ata chegar as súas compañeiras do equipo feminino indíxena do Tekoa Peruti A. Logo, estoupa a Pandemia Mundial do Covid-19, obrigando ao coñecido confinamento e paralización de todo tipo de actividades. A finais de decembro de 2021 reiniciase con moitas limitacións e protocolos a competición e, por fin, este pasado fin de semana estrearon a equipaxe disputando un importante torneo provincial feminino a 38kms da aldea na Provincia de Misiones, Arxentina. Peruti A acada o terceiro posto logo de perder nos penaltis o que sería o paso a final. Heroínas competindo entre 32 equipos baixo 36º de temperatura, fomentando valores, compartindo coas mulleres doutras aldeas, traballando como equipo nun obxectivo común, respectándose, atendendo a súa vez aos seus cativos, facendo deporte e traballando auto estima persoal. O resultado deportivo era secundario.















No CD Seixalbo somos un humilde equipo de fútbol afeccionado provincial. A equipaxe é usada e tiña nas súas espaldas dous ascensos de categoría.

Para nós é un verdadeiro orgullo ollar a mulleres indíxenas vestindo as camisolas do club. 

A Xunta directiva quere dar publicamente as grazas a todos os que o fixeron posible, especialmente aos nosos xogadores, a Consellaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e, como non, a incrible Blanquita Steinmann  


A directiva do CD Seixalbo aproveita para dexesarvos unhas boas e felices festas 🎅 a todas e a todos. E xa sabedes, con sentidiño 😉

miércoles, 8 de diciembre de 2021

O XOGADORSES VISTARON O CIRCO NEVADA

 


Os nosos veciños e artistas do CIRCO NEVADA instalados en Seixalbo convidáronnos a asistir ao seu magnífico espectáculo. Unha representación dos xogadores visitaron a carpa e déronlle un pequeno agasallo en nome de tod@s.









Cultura e deporte. Fútbol e acrobacias presentes. 💙🎪

#CDSEIXALBOAGRADECIDOS

¡Non perdades a ocasión de asistir!

(👉 ata o 9 de xaneiro 🤡🥰🎄🤹‍♀️ venres, sábados, domingos e festivos, sempre ás 18h)