HISTORIA

HISTORIA DO FÚTBOL EN SEIXALBO: “EL ARENAS FC DE SEJALVO”
As primeiras referencias documentais sobre fútbol en Seixalbo aparecen no  ano 1942. Nesa data sábese da existencia do “Arenas F.C. Sejalvo”. Este equipo disputa o seu primeiro partido o domingo 3 de Maio de 1942. O rival foi o Deportivo Rairo e o resultado final quedou: Arenas de Sejalvo 1 Deportivo Rairo 3.
http://192.168.0.81/Historia_archivos/image003.jpg
A primeira alineación oficial aparece publicada o 2 de Xuño do mesmo ano, nun encontro ante a Unión S.C., formada por: Chus, Pazo, Teo, Enrique, Ortiz, Emilio, Pepito, Manolo, Elícegui, Nóvoa e Rivo.
http://192.168.0.81/Historia_archivos/image005.jpg
A ausencia de federacións provinciais provocaba que os equipos se retasen mediante a prensa local para disputar os encontros.  Era a única maneira de organizar un partido, un equipo lanzaba un reto e o rival aceptaba:               
  1. O reto
   http://192.168.0.81/Historia_archivos/image007.jpg 
  1. A aceptación (adoitábase anunciar a alineación)
http://192.168.0.81/Historia_archivos/image009.jpg
  1. Celebrábase o partido
 http://192.168.0.81/Historia_archivos/image011.jpg
ARENAS DE SEJALVO FC:
Tense constancia documental dende o 1942, si ben debeuse fundar con anterioridade, utilizaba un arenal nos mesmos terreos onde actualmente está ubicado o seu campo de fútbol, a carón do colexio público, lugar coñecido como O Carqueixal.
http://192.168.0.81/Historia_archivos/image013.jpg
http://192.168.0.81/Historia_archivos/image015.jpg http://192.168.0.81/Historia_archivos/image017.jpg 20150227_193114
20150120_173252 http://192.168.0.81/Historia_archivos/image023.jpg
Arenas de Sejalvo FC (1948). De pé: César Iglesias, Toñito Maseda, Modeso Seara, Enrique Fontaiña, José González e Higinio Freire. Agachados: Julio González, José Sánchez, Arturo Cid, Amadeo Maseda, Camilo Rodríguez
Hemeroteca:
http://192.168.0.81/Historia_archivos/image025.jpg http://192.168.0.81/Historia_archivos/image027.jpg
      Modesto Seara e Cesar Iglesias                    .... e con Toñito Maseda e outros. (1942)
http://192.168.0.81/Historia_archivos/image029.jpg  roke sepia  http://192.168.0.81/Historia_archivos/image033.jpg
                      Marcelino (1968)                                   Pepe Iglesias e Telmo Iglesias na actualidade (2015)
http://192.168.0.81/Historia_archivos/image035.jpg
  Screenshot_2015-02-06-15-58-48 (1)
3 de septembro do 1942
CLUB DEPORTIVO SEIXALBO
A finais da década dos 60, Seixalbo conta cun interesante equipo de fútbol. Disputa todo tipo de torneos locais e provinciais e empeza a ser recoñecido na cidade. É no ano 1969 cando se funda oficialmente adoptando o nome de Clube Deportivo Seixalbo, e a principios de 1970 o equipo se inscribe na Federación.
O clube comeza a conseguir o apoio da súa afección e chega a alcanzar os 300 socios que de forma incondicional seguen ao equipo por toda a provincia. En poucos anos consegue o ascenso a primeira división provincial e logra consolidarse coma un clásico do fútbol modesto. Tamén chega a contar con equipos en categorías inferiores infantil e xuvenil, loitando nunha ocasión polo ascenso a liga nacional xuvenil.
img135
Marcelino, Federico, Herminio, Román, Palanca, Tino, Paradela; Roberto, Ricardo, Xirolas e Pumar
Dende a  súa fundación en 1969 a canteira xa sobrepasa os límites do pobo, e rapaces de barrios como Mariñamansa ou San Francisco pasan a defender os colores deste equipo. Cabe destacar que algún xogadores que militaron en C.D. Seixalbo chegaron a dedicarse a alcanzar a categoría de futbolistas profesionais.
Como se expón na introducción a actual directiva do Clube Deportivo Seixalbo co ánimo de trasmitir a cidade, socios, veciños e posibles patrocinadores coñecementos sobre a súa longa historia realizóuse un traballo serio de documentación. Fruto delo atopouse a información da data na que se federa. La Región o recolle o 19 de abril de 1970.
IMG-20150325-WA0004
Durante a década dos 70, sábese que C.D. Seixalbo  se mide en diversas ocasións con rivais de altura. O 24 de Xuño dese mesmo ano, e coincidindo coas festas do San Xoan no pobo, se enfrenta no terreo do Carqueixal a Clube Deportivo Ourense acadando un máis que aceptable empate a 2.
seixalbo ourense
                                                         La Región, 24 de junio 1970
A prensa faise eco deste evento, destacando o extraordinario ambiente entre o numeroso  público e calidade do xogo desenvolvido. Pese a que o partido remata en empate, o presidente de C.D. Ourense decide renunciar ao tempo de prórroga reglamentario e ceder o trofeo a C.D. Seixalbo.
As alineacións formadas eran as seguintes: por parte de C.D. Ourense (Varandela, Diéguez, Eliseo, García, Santamaría, Salsamendi, Montenegro, José, Tapelo, Garrido e  Fuertes, ademáis de Gómez e Sousa) e por parte de C.D. Seixalbo (Casares, Román, Malet, Roberto, Pirri, Ricardo, Bande, Armando, Ojea, Gamallo e Santi, ademáis de Félix e Alfonso).
IMG-20150325-WA0003 http://192.168.0.81/Historia_archivos/image047.jpg ginzo de limia
IMG-20150325-WA0052 http://192.168.0.81/Historia_archivos/image053.jpg IMG-20150325-WA0056
Participou en numerosos torneos como nas festas de Velle, Torneo “Loyola”, Xinzo de Limia, Chantada... Destacaban os xornais a boa relación del CD Seixalbo co CD Ourense, chegando a vestir os mismos cores nas súas equipacións. Hai agora 45 anos que o C.D. Seixalbo iniciou o seu camiño federativo baixo a presidencia de Vispo.
seixalbo en lugo
 La Región 31 julio 1970
O 29 de Xullo o equipo desplázase ao estadio Anxo Carro para enfrentarse a unha selección de modestos  de Lugo. Volve a colleitar un digno resultado rematando en tablas ante un rival de certa entidade. As alineacións foron: por parte da selección  de modestos de Lugo (Armando, Fidel, Joaquín, Vázquez,  Luaces, Chisco, Glendor, Quique, Nito, Illán e Del Árbol, ademáis de Montouto e Merodio) e por parte de C.D. Seixalbo (Manolito, Roberto, Malet, Pirri, Casado,  Armando, Manolo, Lalo, Ojea, Gamayo e Santi). Xa se empeza a falar do equipo de Seixalbo coma un referente do fútbol provincial, pois os xogadores dirixidos por Emilio “Bolitas” van pouco a pouco colleitando éxitos.
En 1979 a prensa encabeza unha columna co título de “Fútbol vistoso y alegre en Seixalbo”, recolle que o ascenso a segunda rexional foi merecido pola xuventude e calidade dos xogadores. Nesa época a área administrativa estaba composta, entre outros, por Manolo Fontaíña en funcións de presidente e Andrés Fabello en labores de secretaría. Por outra banda, Eduardo Rey e Eladio Varela eran os encargados da xestión deportiva en categorías modesta e infantil. O plantel estaba conformado por: Camilo, Nito, Andrés, Padrón, Nóvoa, Luis, Feijóo, Rivo, Totó, Lalo, Cándido, Suso, Luciano, Faustino, Pérez, Elier, Touza, Guillermo, Castro, Dorribo, Marcos, Quico, Roberto e Fito.
No seu palmarés destaca:
-          Subcampión de segunda división rexional na temporada 71/72
-          Campión de terceira división rexional na temporada 78/79
-          Finalista da Copa Ourense nas temporadas 71/72 e 73/74
DSC_3799
Campión de terceira división rexional na temporada 1978/79
DSC_3780
 marcelino 1
marcelino 2
Marcelino, Chonchón, Pirri, Victoriano, Parrala, Luis, Santiago. Adolfo, Roberto Santiago y Enrique
O 29 de Agosto de 1986, Manuel Pérez, último presidente do clube anuncia a súa disolución e posterior desaparición. Agora, conformado un grupo de xogadores 100% de Seixalbo  no que se mesturan  xuventude e experiencia, a historia comeza de novo. Esa historia que noutrora foi orgullo dun pobo e que de forma conxunta  trataremos de defender.