lunes, 15 de junio de 2020

NOVO ADESTREADOR DO PRIMEIRO EQUIPO

O CD Seixalbo presenta o novo adestrador do primeiro equipo para a vindeira tempada.
Paco Reguengo (1968) chega dende as veciñas terras de Calvos. Atesoura unha dilatada experiencia na categoría e no fútbol provincial xa que dirixiu equipos como Rante, Poligono, Merca, Paderne, Maceda, Barbadás, Melias e Leiro, chegando a acadar ascensos en diferentes campañas e a desputar algunha final da Copa Deputación.



¡Benvido a túa casa míster!

lunes, 9 de marzo de 2020

ACTO EN CONMEMORACIÓN  DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


A vindeira fin de semana no Carqueixal, en colaboración ca Concellaría de Igualdade do Concello de Ourense, no transcurso do partido ante o ADC Cartellle contaremos coa voz de:


Unha colexiada arbitral aficcionada con experiencias vividas nos campos de fútbol, unha moza contra a violencia de xénero que resume a sua experiencia nun poema, unha guitarra española, unha moza directiva dun clube de futbol provincial rodeada dunha maioría masculina e un chisco de música da mao das máxicas XESTREU.

Dous clubes unidos cunha mensaxe clara e inequívoca: "⚽ AQUÍ NON SE XOGA COA VIOLENCIA MACHISTA"

Futbol, cultura, deporte e igualdade. Non o podes perder. Ven o Carqueixal

lunes, 30 de diciembre de 2019

PARTIDAZO SOLIDARIO

No 2020 cumprimos 5 anos da nosa refundación. Celebrámolo este sábado (16h) nun PARTIDAZO SOLIDARIO con homenaxe os ex adestradores das derradeiras 5 tempadas, e participación de xogadores e ex xogadores da nosa recente historia.
Non é casualidade que o encontro estará dirixido por MULLERES: Ana Pereiro, Yolanda Llorente e Vanesa Abadín.
Podes colaborar achegándonos un peluche que posteriormente será doado.
Así empezaremos o 2020

Grazas a todos por facelo posible
¡¡Feliz Año a tod@s!!

domingo, 22 de diciembre de 2019

SEGUIMENTO E FELICITACION ESPECIAL

Dende o CD Seixalbo o equipazo Tekoa Peruti A femenino polo recente subcampionato da Copa Verán da Comunidade Pueblos Originarios de ALCAZAR MISIONES ARGENTINAS. Logo de derrotar cun contundente 5-0 os Pumitas e certificar seu pase a gran final ante o Quilmes a sorte nos penaltis (logo do empate 0-0) resolveron o gañador da Copa. De igual maneira queremos felicitalas polo recente Campionato de Liga de Veran. ¡¡GRANDIOSAS mulleres dirixidas polo adestrador Hilario González da Comunidad Peruti de El Acázar Misiones!! TEKOA PERUTI A🔝
SEGUIMIENTO Y FELICITACION ESPECIAL desde el Club Deportivo Seixalbo al equipazo Tekoa Peruti A femenino por el reciente subcampeonato de la Copa Verano de la Comunidade Pueblos Originarios de ALCAZAR MISIONES ARGENTINAS. Después de derrotar con un contundente 5-0 a los Pumitas y certificar su pase a la gran final ante el Quilmes la sorte en los penaltis (despues del empate a 0-0) resolvieron el ganador de la Copa. De igual manera queremos felicitarlas por el reciente Campeonato de Liga de Verano. ¡¡GRANDIOSAS mujeres dirigidas por el entrenador Hilario González de la Comunidad Peruti de El Acázar Misiones!! TEKOA PERUTI A 🔝





miércoles, 9 de octubre de 2019

NOVO ADESTRADOR DO PRIMEIRO EQUIPO

O CD Seixalbo ficha a Alfredo Fernandez Figueiras (56) como novo adestrador do primeiro equipo.
Alfredo conta cunha amplia traxectoria no futbol ourensán, ex xogador do desaparecido CD OURENSE en 2B e Atl Ourense da 3 División  tamén conta con experiencia en categoría  Preferente tras o seu paso polo CD ALLARIZ e SP VILAMARIN. Xa na categoría provincial militou no SD NOGUEIRA entre outros.
A tempada pasada adestrou o CD Barra Miño. Antes nas categorías inferiores do CDC Sta Teresita e Ourense CF.

¡Benvido a tua casa Alfredo!

martes, 1 de octubre de 2019

CURSO MONITOR FÚTBOL

Na familia do Seixalbo estamos moi pero que moi contentos:  hoxe ás 20:00h, no Colexio de Árbitros na rúa Pura e Dora Vazquez, comenza o CURSO MONITOR FÚTBOL. Terá un alumno especial porque noso ex xogador e actual delegado do equipo xuvenil Yago estará presente 💪💪.
Grazas a Federación Galega de Fútbol pola organización, parabéns.
Hoxe danse grandes, firmes e importantes pasos para adiante no mundo do fútbol ✌🤩.
¡¡Aúpa 💙 Seixalboo!!



sábado, 3 de agosto de 2019

CAMPAÑA DE SOCIOS 2019/2020

Novidades na campaña de socios no Seixalbo

Lanzamos o pioneiro CARNÉ DE MASCOTA para que podades asistir xuntos os nosos partidos 🐱 🐕 ⚽. Por so 3€ fai socia a túa mascota e benefíciate de importantes descontos (🎉). Mestizaxe. Cultura. Naturaleza. Porque no Carqueixal collemos todos, porque o CD Seixalbo e de todos. Por eso facémolo entre todos.


PREZOS
Honor: 100€
Colaborador: 50€
Xeral: 15€
Infantil: 3€
Maiores de 70 anos: 10€
Mascota: 3€

¡VIVA O FUTBOL!